Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Forman aos policías de Carballo no manexo de equipos desfibriladores

Carballo. Axentes da Policía Local de Carballo participaron esta fin de semana nun curso teórico-práctico de catro horas de duración sobre os fundamentos da reanimación cardiopulmonar e o manexo de desfibriladores.

Unha acción formativa que foi impartida por un experto na materia e que está ligada ao equipamento dos novos vehículos policiais, que contan, entre outros extras, con desfibriladores. Deste xeito poderán responder coa máxima rapidez ante unha emerxencia cardíaca.

O Concello de Carballo dispón de desfibriladores semiautomáticos (DESA) non só nos vehículos policiais, senón tamén nas praias ou en instalacións nas que se congrega moito público, como é o caso dos complexos deportivos Carballo Calero e Vila de Noia ou dos campos de fútbol municipais, así coma do Pazo da Cultura.

A instalación deste tipo de equipamentos sempre leva aparellada a formación correspondente. Deste xeito, a día de hoxe son xa máis de cincuenta os traballadores/as municipais preparados para utilizar estes equipos en caso de necesidade.

Por outra banda, dende o Concello lembran que o xoves, día 15, remata o prazo de matrícula no Conservatorio para o alumnado admitido no curso de Iniciación Musical, así como para os que obtiveron praza mediante as probas de acceso a 1º de Grao. M. L.

12 jul 2021 / 17:23
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.