Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Holanda recorre de novo a Carballo para reclutar operarios da construción

Buscan fontaneiros, electricistas, oficiais e carpinteiros con tres anos de experiencia

A demanda de persoal para o sector da construción non é exclusiva da nosa contorna, nin de Galicia, senón tamén doutros países. Un deles é Holanda, dende onde veñen de remitir, a través da Bolsa de Traballo (BDT) de Carballo, unha oferta para contratar profesionais que queiran traballar nese país.

Xa no ano 2017 se realizaron varias seleccións en Carballo, mesmo utilizando as instalacións do Fórum. Naquela ocasión demandaban profesionais da fontanaría, pero agora, ademais, precisan tamén electricistas e carpinteiros, oficiais de 1ª e 2ª e cunha experiencia mínima de tres anos.

O sector da construción está a vivir un auxe naquel país, tanto para proxectos comerciais coma residenciais, e precisan man de obra cualificada. Tamén se valorará, aínda que non é imprescindible, o coñecemento de inglés. A empresa corre con todos os gastos, tanto de desprazamento coma de aloxamento. Antes de empezar a traballar os profesionais deben realizar un curso de prevención de riscos específico e asígnaselles un número de identificación fiscal para que poidan asinar o contrato.

As persoas interesadas deben poñerse en contacto canto antes coa BDT, ben no segundo andar do Fórum Carballo ou ben chamando ao número 981 709 011. Ademais da construción, outro sector no que hai moita demanda de man de obra é a hostalaría. Nestes momentos na Bolsa de Traballo do Concello de Carballo están abertos procesos de selección de pinches de cociña e camareiros/as para traballar a

media xornada ou como extras, sobre todo. As persoas interesadas poden chamar tamén ao 981 709 011.

03 jun 2021 / 17:48
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.