Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Hoxe celebrouse unha xuntanza da comisión municipal de seguimento para valorar a situación actual // Realizarase un cribado no CEIP Fogar no cal hai 40 positivos

Carballo. A comisión municipal de seguimento da covid-19 de Carballo reuniuse esta mañá para analizar os datos ofrecidos onte polo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, aos alcaldes dos seis concellos de Bergantiños con peche perimetral conxunto e á alcaldesa de Vimianzo. Na xuntanza, na que participaron membros do goberno municipal e representantes da Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil, amosouse a preocupación compartida polo incremento do número de casos na área de Bergantiños. Segundo os datos ofrecidos nesta xornada pola Xerencia da Área Sanitaria A Coruña-Cee, en Carballo hay 190 casos activos.

A incidencia continúa sendo moi elevada tamén nos centros educativos. Segundo os datos difundidos hoxe pola Consellería de Educación, as cifras son as seguintes: CEIP Bergantiños (4), CEIP Gándara-Sofán (2), CEIP Fogar (40 casos e 9 aulas pechadas), CPR Plurilingüe Artai (4), CRA Ponte da Pedra (3), IES Alfredo Brañas (6), IES Isidro Parga Pondal (1), IES Monte Neme (5), Escola Infantil As Landras (2 casos e 1 aula pechada). Ante a alta cifra de casos, nos vindeiros días realizarase un cribado entre o alumnado do CEIP Fogar, que foi convocado hoxe a través do sistema de notificacións Abalar.

19 nov 2020 / 17:16
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.