Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Impulsan a urbanización do entorno da igrexa de San Martiño de Lestón

a laracha. O Concello iniciou os trámites para a Avaliación Ambiental Estratéxica do Plan especial que permitirá transformar o entorno da igrexa de San Martiño de Lestón -parroquia á que pertence o núcleo de Paiosaco- e dotalo con novos equipamentos, servizos e mellores conexións viarias.

A ampla e completa intervención contempla urbanizar o entorno do templo parroquial para crear nesa zona un espazo que, polas súas características e equipamentos, fará a dobre función de praza pública e de zona de aparcamento con capacidade para sesenta vehículos e tamén autobuses. Para unha mellor integración no entorno, o pavimento será de celosía de formigón que permitirá o crecemento do céspede. O ámbito contará con franxas vexetais que actúen como elementos de transición entre os diferentes espazos e tamén cunha nova rede de iluminación pública en báculos.

Ademais, serán melloradas as conexións viarias enlazando as dúas estradas que o comunican coa AC-552 á altura por un lado das Rañeiras e, polo outro, de Fofelle. Aínda que o proxecto de urbanización está actualmente en fase de redacción, o Concello solicita xa agora o inicio da Avaliación Ambiental Estratéxica para avanzar na complexa tramitación administrativa e urbanística que implica unha intervención destas características.

“Este proxecto significará unha mellora substancial dos equipamentos e da rede viaria no que é un dos puntos de encontro de referencia para Lestón, en especial durante o oficio dos actos relixiosos e nas festas populares que se levan a cabo nesa parroquia”, afirman dende o Concello.

21 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.