Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Inaugurada no IES Alfredo Brañas a exposición temporal do legado do autor que lle dá nome

O alcalde, Evencio Ferrero e os concelleiros de Cultura e Normalización Lingüística acudiron á súa presentación esta mañá // Xan Fraga profundizou sobre o material que recolle a mostra

Carballo. Coincidindo co seu 50º aniversario, o IES Alfredo Brañas inaugurou esta mañá unha exposición coas pezas do legado doado polos descendentes do autor carballés que da nome ao instituto.

No acto de apertura da mostra estiveron presentes o alcalde, Evencio Ferrero; o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, e a concelleira de Normalización Lingüística, Maruxa Suárez. Tamén asistiu coma convidado José Manuel Cameán en representación da Asociación Alfredo Brañas. A directora do instituto, Mónica Mariño, deu a benvida aos convidados e agradeceu a cesión do material por parte do Concello de Carballo.

Acto seguido, o profesor e historiador Xan Fraga fixo un breve percorrido pola exposición, que inclúe “elementos bastante destacados, como os libros, polo propio contido dos mesmos, como “A campana d’Anllóns”, de Eduardo Pondal, que é un libro realmente extraordinario do autor do Himno Galego e que está dedicado dunha maneira manuscrita ao propio Alfredo Brañas, ou unha primeira edición de “El Regionalismo”, editado en Barcelona en 1889, e así diversas obras de Alfredo Brañas e doutros coetáneos”. Ademais, fixo alusión ás cartas manuscritas á súa nai e a outros autores da época, e destacou que esas relacións persoais de Alfredo Brañas foron especialmente importantes “para situar Carballo no mapa de Galicia”. Para rematar a súa intervención, Xan Fraga lembrou a Xosé Ramón Barreiro, que finou hai só uns días, e que era un dos principais investigadores da obra de Brañas e dos autores e autoras do Rexurdimento.

Por outra banda, o rexedor carballés agradeceu a iniciativa do IES Alfredo Brañas e o labor investigador da historia local que vén desenvolvendo Xan Fraga, ademais de destacar a importancia de Alfredo Brañas para Carballo e para entender Galicia.

23 mar 2021 / 15:34
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.