Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Inauguran a área de autocaravanas nas Forcadas

Ponteceso. O Concello de Ponteceso informou da gran acollida da concentración de autocaravanas que tivo lugar a pasada fin de semana no municipio con motivo da inauguración dunha nova área de servizo para este tipo de vehículos, en Corme.

O alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, foi o encargado de inaugurar o sábado a nova área de autocaravanas nas Forcadas. Durante o acto, o mandatario municipal explicou todo o proceso de construción deste espazo e agradeceu a presencia dos autocaravanistas.

Pola súa banda, Amalia Rivas Losada, secretaria da Asociación Galega de Autocaravanas (AGA), entregou un agasallo ó rexedor e tamén ós técnicos de turismo do Concello de Ponteceso “por facer un programa con actividades estupendas”, sinalaba. Posteriormente, García Carballido cortaba a cinta inaugural, dando por finalizado o acto.

Cómpre destacar que no marco desta apertura, a administración local organizou diferentes actividades para promocionar o turismo. Así, máis de 40 autocaravanistas puideron coñecer de primeira man a artesanía que elaboran as redeiras da Illa Estrela, de Corme.

As iniciativas continuaron ao longo da fin de semana. Leváronse a cabo rutas guiadas polos miradoiros do concello: Faro Roncudo, Monte Branco e Monte do Faro. Tamén houbo unha camiñata nocturna, que partiu da praza da Ribeira, e visitas guiadas ao Museo de Arte Contemporánea de Corme. m. c.

20 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.