Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Información sexual para a mocidade nas festas do San Xoán carballés

A campaña pretende concienciar para ter unhas celebracións libres de agresións

Carballo. Coincidindo coas festas de San Xoán, as concellarías de Mocidade e Igualdade de Carballo volven a sacar á rúa un stand de información sexual. Despois da boa acollida que tivo a xornada do pasado 11 de febreiro, tres profesionais con formación específica en igualdade e violencia de xénero volverán a brindar información na zona da movida os días 18, 24 e 25 deste mes de xuño.

Esta nova campaña ten varios obxectivos. En primeiro lugar queren transmitir á mocidade a importancia “de que vivan a emoción da noite e da festa sen abusos, sen acosos e con cabeza, para que teñamos unhas festas libres de agresións ou con agresións 0’0, como promoven as chapas e as pulseiras que se repartirán de balde entre as persoas que se acheguen ao stand”, sinalan.

En segundo lugar, nestas festas continuarán coa campaña de divulgación sexual que comezou este curso nos institutos de secundaria e cuxos resultados reforzan a necesidade de achegar información rigorosa á mocidade. Así, o persoal estará dispoñible para resolver calquera tipo de dúbida, e ademais realizarase un reparto masivo de paquetiños compostos por un preservativo, unha toalliña de hixiene íntima e un pequeno folleto no que se explican as vantaxes dese método de prevención das enfermidades de transmisión sexual e de embarazos non desexados.

O stand estará aberto de 23.00 a 02.00 horas, e será tamén un punto de apoio ante calquera situación de abuso que poida producirse. M. L.

17 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.