Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Iniciada a mellora de tres camiños do rural en Leiloio, Cambre e Cerqueda

MALPICA. O Concello de Malpica iniciou as obras de mellora na capa de rodadura en varios camiños. Concretamente, intervirase nas pistas de Raxeira a Tremoa, na de Leduzo e na de Filgueiras a Loroxo, situadas nas parroquias de Leiloio, Cambre e Cerqueda. Contarán cun

orzamento de 154.634,31 euros. Os traballos consistirán na limpeza de cunetas para a formación de ambas marxes, así como o perfilado de taludes. Para adecentar o sobreancho executaranse as excavacións de gabias en terra. Realizarase un bacheo de firme asfáltico e procederase ao pintado das marcas viais correspondentes. Analizarase tamén as intervencións nas arquetas, tapas e sumidoiros. O alcalde, Walter Pardo, destaca que “a través desta intervención conseguiremos un incremento na seguridade viaria, que é moi importante”. M. L.

27 ene 2021 / 16:31
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.