Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Instan a eliminar por completo o depósito de pneumáticos larachés

O BNG lembra que a Xunta anunciara que os traballos estarían rematados no 2018

A Laracha. Os deputados do BNG Luis Bará e Daniel Pérez presentaron una batería de iniciativas no Parlamento de Galicia para instar á Xunta a “completar de forma inmediata o proceso de retirada dos pneumáticos e demais residuos contaminantes acumulados en Lendo (A Laracha) dende os anos 90”.

Segundo os nacionalistas na parcela chegaron a acumularse 35.000 toneladas de rodas, “sendo nese momento o punto de acumulación de pneumáticos de maior dimensión de Galicia”.

No 2017 xa se acordara, por unanimidade, no Parlamento galego unha proposición non de lei do BNG para retirar os devanditos residuos de Lendo, e a directora xeral de Calidade Ambiental supervisou o inicio da retirada das rodas “e anunciaba que en 2018 terían rematado os traballos”, afirman.

Non obstante, segundo sinalan, a primeiros do ano pasado, “o 40% dos pneumáticos permanecían no mesmo lugar, e fai uns días, dende fora do propio recinto eran visibles grandes cantidades alí acumuladas”.

Por iso, dende on BNG queren saber que procentaxe das rodas depositadas en Lendo “foron recicladas, e cantas incineradas in situ ou soterradas, e cal foi o impacto que estas actividades tiveron sobre o equilibrio natural da zona e a saúde da poboación”. M. L.

06 abr 2021 / 19:24
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.