Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Investigan se un veciño da Laracha, que foi atopado morto no monte, poido ser atacado por velutinas

O home saría da súa casa co tractor coa intención de ir rozar

Un veciño do lugar de Loureiro, pertencente á parroquia de Erboedo (A Laracha), de 69 anos, foi atopado morto nun monte da súa propiedade ao que fora traballar o luns pola tarde. Ao ver que non regresaba á casa os seus familiares foron a buscalo e atopárono xa sen vida preto do seu tractor.

Ante a súa demora, ás 21:30 horas a familia contactou co 112 Galicia, pois desde o mediodía estaban sen noticias da vítima. Igualmente, indicaron que estaban a buscar pola zona, cando, apenas uns minutos despois, chamaron de volta para avisar de que fora localizado sen vida.

As forzas da orde tratan de aclarar as circunstancias do falecemento do home, que foi rozar no monte. Segundo sinalan algunhas fontes poido sufrir un ataque de vespas velutinas.

Sen embargo, a necesidade de aclarar as circunstancias da morte, levaron a intervir aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e, por suposto, dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para facer un recoñecemento que permitise entender as causas do falecemento.

22 sep 2020 / 09:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito