Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

José Cabeza, veciño de Teixoeira, novo centenario no municipio larachés

José Cabeza Caamaño, máis coñecido como ‘Che de Xacobe’, veciño do lugar de Teixoeira (Cabovilaño), vén su sumarse ao colectivo de centenarios do Concello da Laracha. Natural de Sofán (Carballo), reside dende hai setenta e seis anos na aldea natal da súa muller, actualmente xunto co seu fillo Suso e a súa nora María Elena. Ten tres netos e dous bisnetos, que pronto serán catro xa que outros dous nacerán nas próximas semanas.

O alcalde, José Manuel López e a concelleira Patricia Bello acudiron á súa casa para felicitalo no día do seu 100 aniversario, e agasallarono, no nome da Corporación municipal, cunha placa conmemorativa e un ramo de flores.

Actualmente, no Concello da Laracha están empadroadas once persoas con máis dun século de vida, das cales nove son mulleres e dous son varóns.

09 jul 2022 / 07:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.