Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Laxe acollerá dez concertos do programa Música en salas

Laxe. O programa Música en Salas da Xunta de Galicia contempla dez concertos en Laxe, logo de que se sumase ao circuíto coruñés A Ventana.

A primeira actuación no local laxense foi o pasado día 5 e tivo como protagonista a Adrián Costa. O venres, día 12, será o turno de Mamen, e completarán a programación Nastasia Zurcher (día 19), Silvia Penide (día 20), Belém Tajes Trío (día 26), Sofía Espiñeira (día 3 de decembro), Caamaño e Ameixeiras (día 10), Pablo Lesuit (día 11), Las Antonias (día 17) e Os Peregrinos (día 18). Todos os concertos comezarán ás 23.30 horas.

Esta é unha iniciativa que ten como fin impulsar a actividade do sector dos locais de actuacións e a escena musical galega. Inclúe músicas de diferentes estilos. M. Lavandeira

11 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.