Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Libros de escritores bergantiñáns para os centros educativos de Carballo

Como cada ano por estas datas, a Concellaría de Cultura de Carballo vén de facer entrega nos distintos centros educativos do municipio dun lote de libros de autores e autoras locais. Dende o Concello queren apoiar a creación local, e por iso cada ano envían aos colexios e institutos unha selección das obras máis recentes dos escritores carballeses e bergantiñáns para que as incorporen aos fondos das súas bibliotecas.

O Concello tamén traballa de maneira continuada na difusión do libro e da lectura a través de iniciativas como a Semana do Libro e a Lectura ou a próxima Praza dos Libros, xunto con actividades moi diversas que se desenvolven ao longo de todo o ano nas bibliotecas municipais.

22 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.