Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Lois García critica a parálise do plan para frear o risco de inundacións en Ponteceso

O Concello está a limpar canalizacións de pluviais e fecais, pozos de bombeo e estacións depuradoras para evitar danos en vivendas e nas infraestruturas

O alcalde de Ponteceso, Lois García, amosou a súa preocupación porque dende o 9 de xuño, que recibiu a notificación para unha reunión sobre as inundacións, “non hai nada de nada”, afirma. Ademais, engade, no orzamento da Xunta de 2023 “hai cero euros para o Arpsi de Ponteceso, e Costas del Estado confirmoume que non se puxeron en contacto con eles para a súa opinión sobre as saídas de auga dos regos do Xuncal, que ao desbordar son os que inundan a vila”

Por iso, García Carballido vén de solicitar unha reunión urxente coa directora de Augas de Galicia, mentres o Concello está a realizar traballos de limpeza, saneamento e canalizacións de pluviais por todo o municipio. “Estamos facendo unha limpeza extraordinaria de canalizacións de pluviais e fecais, pozos de bombeo e estacións depuradoras, para evitar os danos nas vivendas e nas infraestruturas. Os veciños e veciñas con canalizacións obstruídas poden chamar ao 981 714 000 e solicitar actuacións no seu barrio”, conclúe o rexedor.

18 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.