Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Longa loita de Aspaber pola inclusión de persoas con discapacidades intelectuais

A Asociación, ubicada en Carballo, atende diariamente a 135 usuarios/as // Apostan pola incorporación ao mercado laboral a través dun centro especial de emprego // O período de confinamento supuxo nunha perda de habilidades destes cidadáns

Aspaber (Asociación de Padres de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños) nace no ano 1976 en Carballo promovido por un grupo de pais e nais que pretendían darlle unha saída aos seus fillos/as con discapacidades intelectuais. Daquela non atopaban un lugar de acollida e finalmente créase esta asociación, que foi dando pequenos pasos ata acadar bos resultados ao longo destes anos. Hoxe en día, a súa misión é que as persoas con discapacidade intelectual e as súas familias dispoñan de apoios necesarios para desenvolver o seu proxecto de vida e lograr a súa inclusión como cidadáns. Naceron como ámbito comarcal, pero na actualidade prestan atención a catorce concellos dos arredores, dos cales algúns están fóra da Comarca de Bergantiños.

Dentro de Aspaber está o centro ocupacional, o centro de día, o residencial e o educativo que suman un total de 135 persoas, con discapacidades moi diversas. A parte hai un centro especial de emprego que “dá cobertura á ocupación de persoas que unha vez formamos se adentran no mercado laboral”, explica Dolores Fernández, directora de Aspaber. Neste caso son un total de 75 traballadores.

Aspaber é un centro concertado coa Administración da Xunta de Galicia, concretamente coa consellería de Política Social. “As prazas son públicas salvo na parte educativa, na que trece alumnos veñen de estar con equipos de orientación que fan que accedan ao centro educativo”, declara.

CENTRO OCUPACIONAL E CENTRO DE DÍA. No centro ocupacional as actuacións van en función dos graos e necesidades de apoio das persoas e as actuacións están orientadas á súa preparación e integración laboral. Ofréceselle unha oferta formativa con diferentes talleres: de carpintería, manipulados, xardinería, entre outros. “Optamos por moitos perfiles e por ter unha ampla oferta formativa pensando na futura incorporación ao emprego”, afirma a directora. A parte disto, tamén se aposta pola parte de presentación a competencias e prazas destinadas unicamente a persoas con discapacidade intelectual.

Por outra banda, o centro de día está destinado a persoas que precisan máis apoios polo que o obxectivo é mellorar e manter o nivel de autonomía das mesmas. Para iso cóntase cun amplo cadro de profesionais como pode ser o psicólogo, pedagogos, integradores sociais, fisioterapeuta e logopeda. “Temos un convenio co servizo de saúde a través de psiquiatría, polo que unha vez ao mes pasan consulta aos usuarios”, detalla.

Tamén se levan a cabo actividades relacionadas co ocio e co deporte. Unha vintena de persoas forman parte do equipo de baloncesto Aspaber Basket Xiria.

Ofrécese, ademais, o servizo residencial por razón de lonxanía ou de afastamento para así propoñer facilidades ás familias. A residencia funciona de luns a venres e mantén completas o total de prazas, 17.

CENTRO ESPECIAL DE EMPREGO. No centro especial de emprego hai diferentes actividades laborais. O ano 2004 presentáronse por primeira vez ao Concurso de Limpeza Viaria do Concello de Carballo e gañárono, o que lle permitiu dar traballo a un destacado número de individuos. A partir de ahí, a entidade carballesa presentou a súa oferta ao concello da Laracha e Malpica, nos que tamén realizan a limpeza nas rúas. Asimesmo, unha parte destacada de traballadores do centro participa no saneamento de edificios públicos e colexios.

SITUACIÓN ACTUAL TRAS MESES DE CONFINAMENTO. A crise sanitaria polo covid-19 fixo que Aspaber tivera que suspender a súa actividade durante meses. “Cando tiñamos a posibilidade de aperturar, o noso concello estivo en alerta vermella e o 8 de agosto volveron a cerrar a área Sanitaria de Coruña-Cee polo que non poidemos volver a reactivar o centro ata o 28 de setembro”, conta en detalle. Ese período foi suficiente para percibir por parte dos profesionais o detrimento que sufriron os usuarios tras o illamento. “Debo destacar a gran labor das familias e dos usuarios por cumprir as medidas de protección, son un gran exemplo de que son capaces de levalas a cabo”, comenta. Agora, o ambiente é moi diferente ao que se respiraba antes da pandemia xa que deben cumprir un protocolo estricto, “pero pero polo estamos e prestamos o servizo”.

05 nov 2020 / 12:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.