Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 18 octubre 2021
23:45
h

Máis de 400 persoas depositaron residuos no punto limpo larachés durante o 2020

Outras 79 solciitaro o servizo de recollida de voluminosos a domicilio // Aspaber recolleu 181 toneladas de vidro e 109 de papel e cartón

A Laracha. Ao longo do ano 2020 a entidade que xestiona tanto as instalacións do punto limpo da Laracha como a recollida de voluminosos a domicilio -a Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños (Aspaber)- atendeu a 509 usuarios que empregaron estes servizos municipais para desfacerse dos residuos que polas súas especiais características non poden ser depositados nos colectores de lixo.

En concreto, 430 persoas acudiron ás instalacións do punto limpo no Formigueiro e 79 solicitaron o servizo de recollida de voluminosos a domicilio. O volume da actividade antes e despois do confinamento foi similar á de anteriores exercicios. Sen embargo, os datos globais ao remate do ano presentan un lóxico descenso tanto no número de usuarios como do material recollido con respecto a 2019.

Entre o material recollido no punto limpo da Laracha para o seu posterior tratamento en centros especializados destacan: 11,5 toneladas de voluminoso (correspondendo máis da metade a colchóns e sofás) 11 toneladas de aparellos electrónicos, equipos informáticos e electrodomésticos (televisores, frigoríficos, conxeladores, ordenadores, radios, etc), 9 toneladas de restos de obras (tellas, metais, pintura, etc.) e 7,5 toneladas de madeira.

ASPABER. Aspaber tamén se encarga da recollida dos contedores azuis e dos iglús verdes en todo o termo municipal da Laracha. Neses recipientes –ademais das cantidades pouco significativas levadas directamente ao punto limpo- os laracheses depositaron en 2020 un total de 181 toneladas de envases de vidro e 109 toneladas de papel e cartón.

SERVIZO GRATUÍTO. O punto limpo é un servizo totalmente gratuíto para os usuarios situado xunto á ponte do Formigueiro, moi preto do casco urbano da capital municipal. Está aberta ao público os luns, mércores e venres pola tarde e os sábados en horario de mañá. O servizo de recollida de voluminosos a domicilio tamén é gratuíto e pode concertarse cita poñéndose en contacto con Aspaber vía telefónica ou por correo electrónico.

12 ene 2021 / 11:55
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.