Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Máis de 5.000 carballeses serán citados polo Sergas para realizar un cribado por PCR

As probas comezaron hoxe no centro de saúde de Carballo e rematarán o xoves

Carballo. Dende hoxe e ata o xoves 29 de abril, persoal do Sergas realizará un cribado poblacional mediante test PCR á veciñanza de entre 40 e 50 anos, no centro de saúde de Carballo. Nesta ocasión serán convocadas vía sms un total de 5.160 persoas en horario de 09:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas. A Policía Local e Protección Civil volverán a colaborar coa Consellería de Sanidade para facilitar o desenvolvemento das probas diagnósticas e evitar aglomeracións.

O concelleiro de Mobilidade e Seguridade, Juan Seoane, explicou que durante as tres xornadas establecerase un dispositivo especial para facilitar o aparcamento e controlar os accesos ao centro médico. Con esa finalidade, a rúa Gregorio Marañón estará pechada ao tráfico e utilizarase como zona de estacionamento exprés para as persoas convocadas para o cribado.

O número de casos activos comunicado no día de hoxe polo Sergas é de 39, os mesmos ca onte.

27 abr 2021 / 15:33
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.