Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Máis facilidades para as empresas interesadas en implantarse no polígono larachés

A modificación do proxecto permitirá acoller actividades de I+D, agrupar parcelas e empregar fontes renovables

A Laracha. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este martes a resolución do Instituto Galego de Vivenda e Solo pola que se fai pública a aprobación definitiva da modificación puntual número 2 do proxecto sectorial do polígono da Laracha.

Este cambio foi promovido polo Concello coa finalidade de alterar varios aspectos do texto normativo para adaptalos ás novas necesidades que presentan as empresas e, así, facilitar a súa implantación.

Entre as modificacións aprobadas están a mención expresa ao sector de investigación e desenvolvemento (I+D), que se inclúe dentro das actividades de uso industrial. Ademais, elimínanse os seiscentos metros cadrados de límite de superficie máxima en categoría 1ª, o que na práctica permitirá a agrupación de parcelas e, por tanto, a implantación de empresas que precisen de espazos máis amplos para a construción das súas instalacións. Tamén se aumentan as posibilidades de ampliación de usos industriais e comerciais e mellórase a ordenación ofrecendo como usos asociados o hostaleiro, oficinas e administración.

Así mesmo, foron adaptadas as alturas máximas permitidas ás necesidades actuais que requiren aos avances tecnolóxicos dos últimos anos, especialmente importantes para as naves destinadas a actividades de loxística e almacenaxe. Ademais, o novo texto promove o uso de fontes de enerxía renovables e facilita a instalación de produtoras para o autoconsumo eléctrico.

A modificación puntual do proxecto sectorial do parque empresarial foi promovida polo Concello por considerala de interese público e xeral, xa que terá unha incidencia positiva nas variables social e económica do municipio, e tamén na medioambiental ao promover o aforro enerxético das firmas que se implanten no polígono da capital larachesa. Manuel LAVANDEIRA

17 ago 2021 / 16:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.