Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Máis plans na Laracha para promover a inclusión social

A Laracha. O Concello larachés solicitará a participación na convocatoria de subvencións da Consellería de Política Social dirixida aos concellos para desenvolver iniciativas que favorezan a inclusión social de colectivos en risco.

A través desta liña o Concello pretende financiar dous proxectos. Un deles dará continuidade ao programa Educa en positivo, que se vén realizando nos últimos anos. Procura responder dun xeito integral ás necesidades educativas das familias con menores ao seu cargo e que se atopan en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión social. Faise a través das accións Un paso adiante, que ofrece reforzo educativo fóra do horario lectivo, e Aprendemos xuntos, neste caso centrada na orientación e formación ás familias con menores para o exercicio dunha parentalidade positiva.

O outro proxecto complementario é A Laracha acolle e iría dirixido exclusivamente a inmigrantes. Tamén contaría con dúas accións, sendo unha delas un obradoiro de alfabetización en castelán e galego e, a outra, o programa Exprésate, que persegue crear un espazo de socialización para que os participantes poidan coñecer os valores, funcionamento, patrimonio e cultura larachesa. M. L.

15 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.