Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Máis seguridade e mellor firme na estrada AC-434 ao seu paso polo concello laxense

LAXE. O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Laxe, José Luis Pérez, e polo xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, José Antonio Álvarez, supervisou este mércores o inicio das obras de mellora do firme na estrada autonómica AC-434, ao seu paso polo concello de Laxe, que suporán un investimento de 202.000 euros. Os traballos contan cun prazo de execución de 2 meses.

A actuación prevé a rehabilitación do firme no treito de preto de 2 km da AC-434 comprendido entre os puntos quilométricos 0 e 1+920, co fin de mellorar a seguridade e incrementar a comodidade dos usuarios desta vía autonómica.

Os traballos consistirán en realizar fresados localizados nos treitos de actuación e na reposición con mestura bituminosa en quente, ademais da renovación da sinalización horizontal.

Tamén se reporán as marcas viarias do eixo afectadas pola actuación e todos os cebreados e sinalización. Ademais, pintarase o bordo e dotarase de resaltos para mellorar a seguridade viaria. Trenor destacou que, con esta actuación, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade continúa co desenvolvemento do Plan de reforzos de firme que ten como obxectivo prioritario conservar e manter a rede viaria autonómica en boas condicións, incrementando a seguridade viaria; proporcionando aos usuarios unhas vías cómodas que melloren a súa calidade de vida; e potenciando o desenvolvemento económico e social dos municipios galegos.

O delegado territorial da Xunta na Coruña incidiu en que a Xunta está a realizar importantes esforzos en materia de conservación de estradas e que a seguridade viaria seguirá sendo unha materia prioritaria para O vindeiro ano. Detallou así que os Orzamentos da Xunta de 2023 recollen investimentos por importe de 50 M€ para continuar co Plan de reforzo de firmes, coa conservación ordinaria ou coa Estratexia para a eliminación de tramos de concentración de accidentes.

10 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.