Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Malpica acolle este sábado o Certame de Fotografía Submarina no pecio ‘Solway’

Malpica. O I Certame de Fotografía Submarina en Pecios organizado no marco do proxecto Riquezas do mar, tesouros do profundo, continúa este sábado, 4 de maio no porto de Malpica, contando como anfitrión co centro de mergullo Buceo Malpica. Da súa man, os participantes farán unha inmersión para coñecer o pecio do Solway, nos Baixos de Baldaio.

O punto de encontro está fixado diante das instalacións de Buceo Malpica ás 9.00 horas. Tras a benvida e instrucións técnicas iniciais por parte da organización e da FEGAS, entidade que presta o apoio técnico ao certame, os mergulladores saíran arredor das 9.30 horas para regresar sobre as 11.30 h. e proceder ao volcado das fotos.

Como novidade a destacar, Tono García Montes, propietario e xerente de Buceo Malpica, iniciou a reprodución en 3D do pecio en colaboración con Antonio González Lorenzo, do proxecto Buceo Atlántico. M. LAVANDEIRA

01 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.