Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Malpica acollerá a primeira verbena

O Concello de Malpica organiza a primeira verbena da Costa da Morte despois da pandemia, os días 18 e 19 de marzo. Será na zona portuaria, onde se instalará unha carpa climatizada de 600 metros cadrados.

O venres 18, ás 22.00 horas, soará a música da discoteca móbil La Mega CDC e a orquestra Combo Dominicano porá ritmo á noite. E o sábado, 19 de marzo, organizarán tamén unha feira que se situará ao longo da rúa principal de Malpica, e que estará aberta todo o día ata ás 20.00 horas.

Xa pola noite, a zona portuaria volverá a ter música con CDC Minidisc, que dará paso á Orquestra Cinema, que presentará, por primeira vez, o espectáculo co que inician a xira do verán 2022.

Dous días de ritmo e diversión impulsados e organizados pola Concellería de Turismo, Festexos e Mar. Desde o Concello de Malpica animan a todo o mundo a participar nesta verbena, respectando sempre as medidas sanitarias vixentes, en beneficio da saúde de todos.

11 mar 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.