Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Malpica adicará máis de 116.000 euros a axudas para os autónomos locais

BERGANTIÑOS. O Concello de Malpica adicará unha partida de 116.363,81 euros para axudas a autónomos e pequenas empresas do municipio, dentro do programa PEL Reactiva da Deputación da Coruña. O obxectivo é dar cobertura ás necesidades máis inmediatas de dous dos sectores máis afectados pola crise da covid-19. A administración local aportará 23.272,76 €. Os fondos poderán ser destinados a gastos de adaptación ao contexto sanitario, á adquisición de mamparas ou produtos de limpeza, e tamén a gastos correntes. O reparto dos fondos é obxectivo, baseándose no número de microempresas e autónomos de cada municipio. O alcalde, Walter Pardo, asegura que “será unha gran axuda para dous dos sectores máis afectados pola crise sanitaria. Desde o Concello traballaremos para buscar fórmulas que reactiven a situación”. M. R. L.

25 sep 2020 / 20:05
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.