Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Malpica convida a tapas con sabor a mar

Bergantiños. A Concellaría de Promoción Económica organiza a cuarta edición de Malpica sabe a mar do 13 ao 15 de maio. Unha cita que volve cun record de participación e enlaza tres sectores fundamentais da economía local: a pesca, a hostalaría e a olaría. Os locais participantes trataran de sorprender á clientela a través exquisitas tapas cun custo de 2 euros.

Nesta ocasión poderán desgustarse na Taberna do Lesto, Bar Arcos, Bar Dársena, Bar O Pescador, Café Bar Humbolt, Café Bar Ibarra, Café Bar Pepucho, Café del Mar, Cafetería JB, Cafetería Santiago Apóstol, Larada Bar, O Cornecho de Tano, Restaurante O Burato e o Restaurante San Francisco. A iniciativa ten como obxectivo a promoción económica e gastronómica. Dada a gran acollida destas actividades o Concelo xa traballa nunha nova convocatoria para o mes de outubro e tamén noutra campaña co sector da alimentación, para o impulso do comercio en todas as súas vertentes. M. L.

04 may 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.