Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Malpica dá luz verde ao inicio dun urxente plan de obras

Malpica. O Concello de Malpica aprobou en pleno o suplemento de crédito con cargo ao remanente de Tesourería para poder financiar a primeira fase dun importante plan de obras de necesario cumprimento e que precisan de actuación inmediata no municipio. En total investiranse máis de 631.000 euros de remanente para poder levar a cabo ese plan.

As quince intervencións a realizar, e cuxa execución non se pode demorar a vindeiros exercicios, son a mellora da capa de rodadura dos camiños en Alviño, Pedra Queimada, Cerqueda e Seiruga, Pedreiriña, en Pernes, de Pernes ata A Pedrosa e en Asalo. Tamén urxen melloras na pavimentación da rúa Ramona Criado, dos camiños en Bicerrán, Cambre, Alviño, Piñeiros, en Beo e de Beo a Vigo. Tamén se busca arranxar a pavimentación do camiño da Pedrosa a Trémoa e a ampliación do saneamento no Vilar.

Asemade, preténdese adecentar a travesía rúa Ventorrilo, a rúa Escorial e o camiño de Sorrío, e acondicionar a parroquia de San Xulián e a rúa As Neves, así como o camiño da Pedreiriña.

Tras a aprobación deste plan de obras, o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, destacou o compromiso do goberno local por “seguir incrementando a contía de investimentos para satisfacer as necesidades das parroquias, atender ás demandas de toda a veciñanza, mellorar a calidade de vida e seguir impulsando o progreso de Malpica”, destacou ó respecto. C. E.

02 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.