Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Malpica forma a profesionais de asistencia a domicilio e a dependentes

Impartirase un taller de manualidades e outro de memoria para os maiores de 55 anos

Malpica. O Centro de Artesanía e Tradicións de Buño acolle un taller de Prevención de riscos laborais en tarefas de axuda a domicilio e atención á dependencia organizado polo Concello de Malpica e o ISSGA. Comezou o sábado, 24 de setembro, e terá continuidade os días 1, 8 e 15 de outubro en horario de 10.00 a 14.00 horas.

A concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco Gorín, deu a benvida aos dezaoito participantes. Indicou que un dos servizos máis demandados agora mesmo na nosa sociedade é a axuda a domicilio, “unha actividade que necesita de profesionais ben cualificados para poder darlle os coidados necesarios aos nosos maiores”. Agradeceu tanto ós profesionais que imparten o curso como aos asistentes a súa implicación.

O Concello de Malpica tamén programou un taller de manualidades para a terceira idade e outro de memoria para maiores de 55 anos. O primeiro impartirase en Buño, na Casa do Oleiro, os martes e xoves de 15.45 a 17.45 horas, e eses mesmos días tamén na capital municipal, de 18.00 a 20.00 horas. Comezará a impartirse o 11 de outubro, e as persoas interesadas poden solicitar praza chamando ao 981 720 280 ou directamente nos Servizos Sociais.

Pola súa banda, o taller de memoria impartirase os luns no Centro Cívico de 10.30 a 12.00 horas e os venres no Centro de Artesanía e Tradicións de Buño, no mesmo horario. A actividade comezará o 10 de outubro en Malpica e o 14 na vila oleira. É necesaria tamén a inscricción. M. l.

26 sep 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.