Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Malpica potencia entre a veciñanza a reciclaxe coa recollida de residuos

MALPICA. O Concello de Malpica segue volcado promovendo e potenciando a necesidade de reciclar, por iso durante a vindeira semana, a empresa Collecting Oil seguirá a percorrer as parroquias recollendo os residuos. As persoas interesadas en participar na iniciativa deben deixar os residuos nun lugar accesible antes das 9.00 horas. Os refugallos especiais son aceite de cociña usado, graxas e manteigas, pilas e baterías, lámpadas, electrodomésticos e electrónicos pequenos do fogar (microondas, torradora, secadores, radios, teléfonos), consumibles de impresoras, residuos téxtiles e roupa e restos metálicos pequenos do fogar (tixolas, moldes, potas, enxoval do fogar, bandexas ). Os cidadáns de Malpica poden contactar coa empresa a través do teléfono 639 920 936 ou no correo electrónico info@collectingoil.com. C.G.

17 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.