Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Malpica sinaliza a Vía Céltica

O Concello de Malpica reforza a súa aposta pola Vía Céltica e xa comezou coas tarefas de sinalización deste itinerario, recentemente incorporado como ruta oficial de peregrinación a Santiago, e que permitirá que os camiñantes que partan desde Malpica ou Barizo poidan obter a Compostela.

Ademais, o Concello organizará un acto de presentación, despois do Nadal, do paso do Camiño polo municipio, no que se promocionará ante peregrinos parte do patrimonio histórico e paisaxístico de Malpica.

A concelleira responsable da área de Patrimonio, Noelia Freijeiro, celebra “poder compartir dun xeito oficial os tesouros do noso municipio con todos os camiñantes que transiten esta vía” e incide no compromiso de “ofrecer unha ruta coa que namorarse de toda a beleza do noso territorio”.

24 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.