Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Malpica sube ao escenario a compañías galegas de renome na Mostra de Teatro

Malpica. Malpica converterase, nos meses de outubro, novembro e decembro, no escenario ao que se subirán varias compañías de renome da escena galega con motivo da XVII Mostra de Teatro.

A programación arrincará o venres, 29 de outubro, coa función A carreta pantasma, de Berrobambán, e prolongarase ata o 10 de decembro. Novembro arrincará coa representación de Coleccionistas – A arte feita comedia de Ainé Producións (día 5). Unha semana despois a compañía Pérez&Fernández tomará o relevo con Os nenos da varíola.

Liberto, de Rebordelos S.L. será a seguinte obra (día 19), e Os Quinquilláns tentarán conquistar ao público con A pluma viva de Rosalía (día 26). Ao día seguinte será a quenda de Bravas de Isabel Risco. En decembro (día 3) Teatro Ghazafelhos presentará Pinocchio e un día despois chegan as Crónicas dunha heterosexual insatisfeita, de Verdeveras Expresións Artísticas en coprodución co Centro Dramático Galego. A última representación será o día 10 coa función Vida de cans, a cargo de Talía Teatro.

As funcións terán lugar no auditorio do Centro Cívico do municipio a partir das 20.30 horas. O aforo máximo en cada un dos espectáculos será de 150 persoas. As persoas interesadas poderán reservar a súa entrada a través do correo auditoriodemalpica@gmail.com indicando o nome e apelidos de cada solicitante, o número de DNI se é o caso, un teléfono de contacto e os espectáculos nos que desexa realizar a reserva.

21 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.