Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Marcha de mulleres na vila carballesa o 8-M

Carballo. A CIG ten convocada folga de mulleres para o 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, que afectará a todas as actividades e centros de traballo, tanto no sector público como privado. Con tal motivo, van realizar mobilizacións nas principais vilas e cidades e, no caso de Carballo, consistirá nunha marcha que sairá ás 11.30 dende o local sindical (rúa Río Sil, 52) e discorrerá ata a Praza do Concello, onde se realizará unha concentración ás 12.00 horas e se dará lectura a un manifesto. A secretaria confederal das Mulleres da CIG, Margarida Corral, sinala que, fronte a quen poida pensar que non é momento de convocar unha folga nunha Galicia con peches perimetrais, limitacións de mobilidade e toques de recoller, “urxe manifestarnos e combater nas rúas os ataques aos nosos dereitos, porque se algo evidenciou a pandemia é que as mulleres seguimos condenadas polo sistema a sufrir as máximas consecuencias da crise”. M. L.

15 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
8-M
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.