Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Mellora ambiental e de equipamento no museo dos Muíños de Golmar

Os traballos correron a cargo dos alumnos do Obradoiro de Emprego da Laracha

A Laracha. O Obradoiro de Emprego A Laracha VI está a concluír as actuacións previstas no entorno do Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar, a que é unha das intervencións máis destacadas do programa.

Os traballos nesta localización desenvolvéronse en varias fases. Consistiron na conservación medioambiental da parcela municipal situada contigua á do museo, incluíndo a completa limpeza do terreo, o podado das nogueiras e cerdeiras xa existentes e a plantación de máis exemplares deses mesmos tipos.

Por outra parte, a especialidade de carpintería e moble mellorou a balaustrada do hórreo, renovou o mobiliario urbano instalando os novos equipamentos (bancos e papeleiras) creados por eles mesmos no taller -incluíndo as correspondentes bases de cada elemento e a tarima- e realizou traballos de mantemento nas fiestras e porta de acceso ao museo. Para rematar a actuación, agora están a renovar o peche perimetral de madeira que bordea o recinto. O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Promoción Económica, Rocío López, puideron coñecer in situ o avance nesta última fase dos traballos.

Forman parte deste programa dual de formación e emprego -financiado polo Concello e pola Xunta de Galicia- un total de vinte e cinco persoas. Vinte son os alumnos traballadores vinculados ao Concello cun contrato de formación e outras cinco persoas son o equipo directivo, formativo e administrativo composto por unha directora, un mestre para cada unha das dúas especialidades, un mestre/titor e un auxiliar administrativo. Outras actuacións que se están a realizar son a mellora da área recreativa de Gabenlle e do paseo fluvial do Anllóns. M. L.

07 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.