Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Mellora da estrada do Outeiro e o acceso ao santuario dos Milagres de Caión

Xa están en marcha as obras do proxecto de mellora da estrada de Caión que parte da CP-1909, discorre xunto ao santuario dos Milagres e atravesa o núcleo de O Outeiro. Ao estar incluída no Plan de Infraestruturas Rurais da Consellería do Medio Rural, a actuación será financiada integramente pola Xunta de Galicia.

O proxecto contempla a ampliación da anchura actual da zona de rodadura dos vehículos aproveitando o espazo dispoñible na marxe da calzada e a nova pavimentación da vía. En total será acondicionada unha distancia lineal duns 600 metros.

Ademais, en dous tramos reforzarase a seguridade coa colocación de biondas como barreira de protección que eviten posibles caídas de vehículos a distinto nivel.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Obras Públicas, Jesús Souto, desprazáronse ata o lugar das actuacións para comprobar o resultado dos primeiros traballos, que se prolongarán durante os próximos días. O orzamento do proxecto alcanza os 45.000 euros.

24 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.