Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 26 enero 2022
17:42
h

Mellora de equipamentos en seis concellos da Costa da Morte

Costa da Morte. O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Coristanco, Juan Carlos García, supervisaron as obras de remodelación do parque infantil municipal que presta servizo ao CRA deste concello. Unha actuación que foi posible grazas a unha axuda ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público e contou cun investimento de case 28.000 euros dun investimento total de case 32.000 €.

O representante do Goberno galego destacou que a través desta orde foron financiados seis proxectos nos concellos de Laxe, Coristanco, A Laracha, Cee, Cabana de Bergantiños e Camariñas por un importe total de máis de 217.746 euros, que mobilizaron 240.000 euros.

Unhas axudas que están orientadas a proxectos dos concellos galegos para a creación ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais. En concreto, á construción, ampliación ou mellora das redes de luz pública; parques infantís, incluíndo a posta en marcha de parques cubertos ou a cubrición dos existentes; así como edificios ou dependencias municipais destinados á prestación de servizos municipais e instalacións deportivas de uso público, onde tamén se apoiará a mellora da súa accesibilidade (unha das novidades da convocatoria deste ano) e a dotación de equipamentos.

As axudas van dirixidas aos concellos galegos de menos de 30.000 habitantes e financiaranse ata os 80% do custe dos proxectos para os que pidan financiamento, cun máximo de 40.000 euros para os municipios que presenten solicitude de forma individual e ata 50.000 para os que a realicen de forma conxunta.

Trenor destacou que estas axudas para 2021, mantiveron o orzamento de 4 millóns de euros, despois de incrementalo en 2020 nun millón de euros. O delegado destacou que con estes apoios “a Xunta aposta por manter o apoio que precisan os municipios para levar a cabo actuacións que contribúan a mellorar a calidade dos seus veciños e a paliar as consecuencias económicas da crise sanitaria da covid dos concellos en canto á prestación de servizos".

10 nov 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.