Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Mellora na rede de distribución de auga ó núcleo urbano larachés

A LARACHA. O Concello ten en fase de execución un amplo proxecto dirixido a mellorar a rede principal de distribución de auga que dá subministro ao núcleo urbano da Laracha e a outras entidades de poboación próximas á capital municipal. A intervención afecta a un tramo duns trescentos metros de lonxitude a ambas marxes da Avenida Fisterra desde o seu punto de confluencia coa rúa Santiago e ata o lugar das Torres de Cillobre.

Estanse a substituír as canalizacións da rede do servizo de abastecemento para renovalas e aumentar o caudal pensando nas necesidades que poidan presentarse no futuro. Ademais, realízanse as catro conexións de rede actualmente en servizo coa futura e as correspondentes aos novos tramos das acometidas existentes nas vivendas da zona.

Con motivo destas obras foi preciso cortar puntualmente o subministro en determinados puntos da rede, realizándose esa fase dos traballos durante a noite co propósito de minimizar a afección para as vivendas. No caso de requirirse novos cortes para a execución das actuacións previstas, tamén se levarían a cabo en horario nocturno. O Concello financia este proxecto integramente con fondos propios municipais. O investimento sitúase en torno aos 40.000 euros.

09 jul 2021 / 19:10
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.