Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Melloran a Galiña Azul pontecesana

Ponteceso. O Concello limpou todo o parque da escola infantil Galiña Azul de Ponteceso, e tamén se realizaron tarefas de lixado, barnizado e reparación do valado de toda a área infantil, ademais da substitución da maioría dos solados de madeira e a instalación de céspede. A concelleira de Educación e o alcalde visitaron a instalación no día previo á reunión do Consello Escolar. O Concello cofinancia o servizo por cada praza, incluso de alumnado de fóra do municipio, e corre cos gastos de mantemento, limpeza e enerxía do centro. Recentemente habilitaron unha aula máis para gañar prazas dispoñibles, e renovaron os interiores do centro, así como o tellado, que foi dotado dun mellor illamento. M. L.

02 may 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.