Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Melloran o equipamento do Museo do Mar de Laxe

Bergantiños. O Concello de Laxe vén de adquirir novos equipamentos para o Museo do Mar. En concreto, mercaron unhas vitrinas para gardar as pezas que conforman a súa colección permanente e tamén mesas e cadeiras para a realización de actividades, ademais de colocar estores para evitar os danos das raiolas do sol dentro das instalacións museísticas.

Así mesmo, con cargo ao orzamento municipal 2021 do departamento de Turismo e Cultura, que dirixe a concelleira delegada Raquel Lema, realizáronse outras dúas novas actuacións co fin de mellorar as instalacións do museo, e dar máis visibilidade ao Arquivo Fotográfico Vidal.

Por un lado, restauraron a alacena tradicional do primeiro andar, converténdoa nunha nova vitrina para exhibir máis pezas culturais, e por outro, mercaron paneis con fotografías antigas do Arquivo Fotográfico Vidal e do Fondo Fotográfico de José Mª Vidal Eiroa para embelecer as paredes brancas do museo, que se atopaban baleiras. Dende o Concello laxense reafirman a súa intención de seguir “traballando neste 2022 para mellorar o museo, e adquirindo máis pezas relacionadas coa nosa historia e cos nosos devanceiros”. O Arquivo Fotográfico Vidal, composto por máis de 67.000 imaxes dos séculos XIX e XX, é o principal valor artístico e documental do espazo museístico. M. l.

05 ene 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.