Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Melloras en cinco puntos da Laracha co obradoiro

Gonzalo Trenor supervisou o traballo dos vinte alumnos no centro cultural de Paiosaco

Os vinte alumnos do quinto obradoiro de emprego da Laracha están rematando a súa formación e, ao mesmo tempo, os traballos de mellora que están a desenvolver en cinco inmobles municipais.

Onte recibiron a visita do delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor; do alcalde, José Manuel López, e da concelleira de Emprego, Rocío López, quenes supervisaron as labores de acondicionamento do centro sociocultural de Paiosaco, que rematarán antes de final de ano.

Dez dos alumnos están formándose na especialidade de carpintería e moble e outros tantos na de pintura industrial en construción. Os primeiros están a realizar traballos en madeira no paseo fluvial do río Anllóns entre Gabenlle e O Formigueiro, namentras que os segundos interveñen na casa do concello, no edificio administrativo, na casa de cultura, no referido centro de Paiosaco e nas farolas do municipio.

A Xunta inviste neste obradoiro máis de 336.000 euros e o orzamento total coa achega do Concello e as obras ascenderán finalmente a máis de 863.000 euros.

Gonzalo Trenor lembrou que o Concello larachés conta tamén cun Plan Integrado de Emprego que está previsto que remate a principios de xaneiro, no que se están formando arredor de 100 persoas. Trátase dunha iniciativa na que colaboran Xunta de Galicia e concellos para mellorar a formación das persoas desempregadas, e para darlle máis opcións para atopar un emprego a través de actuacións que buscan a especialización grazas á posibilidade de combinar orientación e asesoramento con formación e prácticas.

Sinalou ademais que no ámbito de Bergantiños e Costa da Morte haberá outros tres obradoiros de emprego, dous deles de carácter dual, para alumnos e alumnas de calquera idade, e un de Garantía Xuvenil, para mozos e mozas menores de 30 anos. Mediante estas iniciativas a Consellería de Economía está investindo en políticas activas de emprego 711.310 euros.

Os obradoiros duais teñen lugar na Laracha e Cerdeda, compartidos con Tordoia e Trazo, mentres que o de Garantía Xuvenil organizarase en Carballo. En total, formarán nun oficio a 52 persoas desempregadas e realizaranse tarefas en beneficio de espazos e instalacións públicas.

05 oct 2020 / 17:03
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.