Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Moción do BNG de Laxe para rexeitar os parques eólicos nos Penedos

LAXE. O portavoz do BNG de Laxe, Xosé Manuel Pose, presentou unha moción para que a Corporación local rexeite a instalación de parques eólicos na Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba e na súa área de influencia. Pide ademais defender a integridade paisaxística da área protexida e “esixirlle á Xunta o cumprimento do decreto que declarou os Penedos como Paisaxe Protexida”. Os nacionalistas solicitan tamén que os técnicos municipais elaboren “informes neste sentido” e que o Concello informe “negativamente”, dentro do trámite de actuacións previas ao estudo de impacto ambiental como administración pública afectada, por todo o antedido, á instalación do parques eólicos Monte Chan e Pena dos Mouros. Paralelamente, segue adiante a iniciativa en Change.org para recoller sinaturas en contra das proxectadas instalacións eólicas, e diversos colectivos están a mobilizar á poboación para que presente alegacións. M. L.

21 feb 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.