Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
Cando a pandemia o permita vanse expoñer as obras gañadoras máis unha selección feita polo xurado // Nesta edición presentáronse ó concurso de Carballo 148 imaxes

Moita calidade no Certame Fotográfico Xosé M. Eirís

O fotógrafo pontevedrés Antonio Gutiérrez Pereira, que estivo en Carballo no ano 2018 para recoller un accésit do 22º Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís, vén de acadar agora o primeiro premio da 22ª edición, dotado con 1.500 euros e diploma, pola imaxe titulada Reconquista. Nos dez anos que leva detrás do obxectivo, conseguiu crear un estilo propio de retratos, cun “toque conceptual e surrealista”, como el mesmo o define, pero nesta ocasión presentou unha paisaxe na que simboliza como a natureza “reconquista” o espazo arrebatado polo ser humano.

O segundo premio, dotado con un total de 750 euros e diploma, e patrocinado pola Fundación Luís Calvo Sanz, foi para Noé Blanco Carracedo (A Rúa-Ourense) polo seu traballo Estructura dual.

E o Premio Especial Carballo (500 euros e diploma) será entregado este ano a Fernando Román Areán, do Milladoiro (Ames), pola fotografía titulada O paraíso de Eva.

Ademais, o xurado decidiu conceder dous accésits (150 euros e diploma para cada un deles), patrocinados por Interfilm Carballo, ás fotografías En el campo, de Xavier Ferrer Chust, de Vila-Real (Castellón), e Mestura secular, da carballesa Camila Guadalupe Pitrelli Vázquez.

O xurado que decidiu o nome dos galardoados reuniuse o 4 de decembro no Pazo da Cultura e estivo presidido pola concelleira Milagros Lantes Seara, contando coa participación de Ángel Cordero Gómez, fotógrafo e profesor da Escola de Imaxe e Son de A Coruña; Juan José Varela Barbeito, fotoxornalista, responsable de producción de Photo España e cocreador e codirector de FFoco Festival de Fotografía da Coruña; Ignacio Romero Sánchez, fotógrafo e profesor de fotografía da Escola de Imaxe e Son da Coruña; Esther Chamoso Lázaro, artista plástica e arquitecta técnica; Ramón Varela Rodríguez, en representación da Asociación Cultural Escola do Alprende, e Carmen Castro Pombo, xefa do servizo de Cultura do Concello de Carballo, en calidade de secretaria do xurado.

Hai que destacar o alto nivel amosado polos participantes, que complicaron o labor do xurado para seleccionar as mellores obras nun certame que a medida que pasan os anos afiánzase como un dos de máis calidade da comunidade galega.

Este ano participaron no certame organizado polo Concello de Carballo 63 fotógrafos e fotógrafas, cun total de 148 obras.

Nos vindeiros meses, en función da evolución da situación sanitaria, realizarase unha exposición coas obras gañadoras (poden verse nunha galería na páxina web do Concello) e unha selección realizada polos membros do xurado.

12 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.