Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Múltiples actividades para festexar o Nadal en Ponteceso

Dan comezo mañá cun concerto didáctico que se poderá ver a través do Facebook do Concello, ás 10:30 horas // O 5 de xaneiro haberá cabalgata dos Reis Magos

Ponteceso. O Concello de Ponteceso ten programadas unha serie de actividades para a celebración das festividades de Nadal deste 2020, das que gran parte ser poderán seguir a través das redes sociais.

A primeira delas terá lugar mañá, ás 10:30 horas co concerto didáctico MUSICLASICUENTO dirixido especialmente aos escolares e que consistirá nun conto-concerto que combinará unha divertida historia e música clásica. Calquera persoa poderá seguilo a través do Facebook do Concello. O 19 de decembro, levarase a cabo unha homenaxe ao XIV concerto de panxoliñas a través dun recital online tamén no Facebook do Concello, ás 19:30 horas. O 21 de decembro, Papá Noel visitará a biblioteca municipal pola tarde. As prazas serán limitadas, polo que será necesario reservar a través do teléfono 659 431 242. Ao día seguinte, o martes 22 celebrarase un espectáculo de maxia de Nadal con Cayetano Lledó no Edificio das Escolas, ás 18:30 horas. Poderase reservar praza para asistir no teléfono 630 907 124. O mércores, o pavillón de Corme acollerá unha sesión de cine de Nadal ás 18:30 horas, que terá unha nova cita o día 30 no Edificio das Escolas de Ponteceso, á mesma hora. Pódese reservar praza para ambas sesións no teléfono 630 907 124. Por último, o 5 de xaneiro celebrarase a cabalgata dos Reis Magos polas parroquias de Ponteceso con medidas de seguridade fronte á COVID. Ademais, todos os nenos e nenas recibirán cartas das Maxestades de Oriente.

14 dic 2020 / 16:47
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.