Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Multiplícanse por catro as velutinas capturadas no segundo mes de trampeo en Carballo

A cifra no mes de abril foi de 14.782 e a de marzo, 3.829 // Repartíronse 1.406 trampas por todas as parroquias

Carballo. O Concello de Carballo consegue uns bos resultados no segundo mes da campaña anual de trampeo da avespa velutina. En concreto, no mes de abril capturaron 14.782, unha cifra catro veces superior á lograda en marzo con 3.829 avespas atrapadas.

Na campaña colaboran 245 persoas, entre veciños e apiculturores locais. Nestes momentos contan con 1.406 trampas distribuídas polas 18 parroquias, ás que hai que sumar as de fabricación caseira feitas pola veciñanza. Ademais, o Servizo Municipal de Control de Pragas tamén repartiu, de xeito gratuito, un total de 1.571 litros de líquido atraente.

A campaña, que se prolongará durante o mes de maio, é clave para loitar contra a praga de velutina, xa que cantas máis raíñas se capturen ahora menos niños aparecerán durante os meses de verán. Dende o consistorio insisten en que aínda hai tempo para aquelas personas interesadas en participar no trampeo.

10 may 2021 / 12:34
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.