Detido un condutor na Laracha por negarse a facer a proba de alcoholemia e ameazar aos policías

Avenida Fisterra da Laracha, fronte ao concello. Foto: Concello da Laracha
A LARACHA. Un condutor que circulaba o domingo polo núcleo urbano da Laracha foi detido pola Policía Local e enfrontarase a dous posibles delitos: un por negarse a someterse ás probas de alcoholemia e outro por ameazar ós efectivos do Corpo de Seguridade. Os axentes observaron como un vehículo realizaba un cambio de sentido ilegal na avenida Fisterra e déronlle o alto. Tras comprobar que presentaba síntomas de embriaguez, o condutor foi requirido para facer a proba e negouse. De seguido, comezou a proferir ameazas contra os axentes, polo que procederon á súa detención e posta a disposición xudicial. M. LAVANDEIRA
26 ene 2021 / 16:17
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en
Mi Correo Gallego.