Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Nenos e nenas da Laracha desfrutaron no Diver Jump Trampoline Park de Santiago

O programa municipal de actividades de verán comezou a desenvolverse cunha viaxe a Santiago de medio centenar de rapaces, de idades comprendidas entre os 5 e os 11 anos, para asistir ao Diver Jump Trampoline Park, instalación na que durante toda a mañá realizaron xogos, atraccións e actividades recreativas. Na próxima semana (do 4 ao 8 de xullo) realizarase no pavillón do IES Agra de Leborís o campamento urbano. A primeira quenda do campamento de Caión cancélase por non contar co mínimo de inscritos. A segunda quenda celebrarase do 11 ao 15 de xullo.

A inscrición permanece aberta na maior parte das actividades, como nos tradicionais campus dos deportes máis practicados no termo municipal da Laracha. O de fútbol será do 18 ao 22 de xullo e en dous grupos nos campos da Laracha (5 a 11 anos) e A Porta Santa de Paiosaco (12 a 15 anos). O de baloncesto vai dirixido a rapaces de 5 a 15 anos e realizarase no pavillón larachés do 1 ao 5 de agosto.

Outras propostas para o público infantil serán a saída para practicar kaiak nas Fragas do Eume (26 de xullo) e paintball en Valdoviño (8 de agosto). Xa están esgotadas todas as prazas para Humor Amarelo (11 de agosto) o circuíto de karts a pedais de Paiosaco (18 de agosto) e o cursillo de iniciación ao surf na praia de Caión (22 de agosto).

Para o público xuvenil e adulto permanece aberta a inscrición en todas as actividades: práctica do kaiak nas Fragas do Eume (26 de xullo), tirolina xigante e Ruta dos Fornos na Pontenova (28 de xullo), xornada no circuíto de karting de Vimianzo (9 de agosto), rocódromo na Coruña (12 de agosto), paintball en Valdoviño (19 de agosto), Humor Amarelo na Coruña (23 de agosto) e rafting no río Ulla (25 de agosto). As inscricións poden formalizarse acudindo ao Concello ou cubrindo o formulario en liña dispoñible na web municipal alaracha.gal.

03 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.