Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Nova convocatoria do Xuventude Crea

Cristina Pichel anunciou en Coristanco que se publicará o 5 de xullo // A directora xeral visitou o mural co que o artista Mon Devane decorou o futuro Museo da Pataca

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, anunciou en Coristanco que a Xunta de Galicia publicará unha nova convocatoria do programa Xuventude Crea o vindeiro día 5 de xullo no Diario Oficial de Galicia (DOG), polo que a partir do día seguinte os interesados xa poderán inscribirse.

Avanzou a convocatoria durante a visita que realizou ao mural que pintou o artista Mon Devane no futuro Museo da Pataca de Coristanco. Devane foi o gañador deste certame no 2015 e membro do xurado en pasadas edicións.

Esta iniciativa trata de fomentar a creatividade da xuventude galega, facilitando a promoción e a difusión da súa obra. Nesta nova edición poderán participar, un ano máis, os mozos e mozas non profesionais con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos cumpridos no 2022.

Serán un total de 14 as categorías nas que poderán inscribirse, que abranguen desde a creación de videoxogos, novela curta, cociña, teatro, artes plásticas, fotografías, música, poesía, videocreación, banda deseñada ata arte urbana, deseño de xoias, moda e danza moderna. Cada unha destas especialidades contará con tres premios: o primeiro, de 3.000 euros; o segundo, de 1.500; e o terceiro, de 1.000 euros; así como mencións de honra sen dotación económica.

Cristina Pichel recordou que Xuventude Crea leva 12 anos impulsando o talento e a creatividade da mocidade galega. Así, destacou que neste tempo máis de 4000 mozas e mozos formaron parte desta iniciativa.

01 jul 2022 / 10:54
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.