Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Nova entrega de 5.000 cubrebocas para os servizos municipais do Concello de Carballo

Recibiron un total de 37.500 dende marzo grazas ao convenio Goberno- FEMP // Para este último trimestre está previsto un investimento municipal de 160.000 euros na adquisición de material sanitario e traballos de desinfección e limpeza

Carballo. O Concello de Carballo vén de recibir un novo envío de 5.000 máscaras grazas á colaboración entre o Goberno Central e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) para dotar aos concellos de máis de 20.000 habitantes de medios de prevención fronte a COVID. As máscaras repartiranse entre o persoal dos distintos servizos municipais.

Dende o estado de alarma, o Goberno do Estado fixo chegar á capital bergantiñá un total de 37.500 máscaras protectoras a través da Subdelegación do Goberno na Coruña das cales: 14.000 foron distribuídas coa colaboración das forzas e corpos de seguridade entre os traballadores e as traballadoras do polígono industrial de Bértoa, e as restantes 23.500, entre o persoal municipal.

Por outra banda, o Concello de Carballo aprobou un suplemento de crédito para financiar os gastos derivados da COVID no último trimestre deste ano, entre os cales figura unha previsión de 30.000 euros para a adquisición de material sanitario para as distintas áreas e servizos municipais e máis de 130.000 euros para traballos e materiais de desinfección, limpeza e aseo de espazos, edificios públicos e centros de ensino.

30 nov 2020 / 20:41
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.