Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Nova imaxe dos espazos interiores do mercado de Carballo

Haberá unha redistribución e aumento de postos alimentarios // A segunda fase incluirá a instalación dun ascensor dende a Praza do Concello

Carballo. A Xunta de Goberno Local aprobou onte a adxudicación das obras da primeira fase do proxecto de reforma do Mercado Municipal á empresa Desarrolla Obras y Servicios por un importe de 171.989,40 euros. A reforma levarase a cabo co propósito de revitalizar a tradicional Praza de Abastos dacordo coas demandas da sociedade actual e de buscar usos alternativos de cara ás novas concesións, xa que a maioría das existentes están xa caducadas. O Concello de Carballo conta cunha subvención do Agader de 50.000 euros, repartida ao 50% entre este ano e o que vén.

Por unha banda darase resposta ás demandas dos actuais concesionarios sobre redistribución dos postos, cambio do pavimento da sala de vendas ou reorganización dos almacéns do semisoto para darlles acceso directo dende o garaxe facilitando así o seu uso. Así mesmo, reordenaranse os postos exteriores para crear novos servizos, como conserxería, sala de lactancia ou sala de formación.

Por outra banda, as panadarías e a queixería cambiarán de situación coas froiterías, o que permitirá crear tamén novos postos para a comercialización de produtos locais. Ampliaranse tres carnizarías e unha peixería, e crearase unha nova zona de degustación vinculada a un novo establecemento de hostalaría. En canto aos postos exteriores, unificaranse dous do vestíbulo e daráselle acceso directo dende a rúa Gran Vía. Nesa zona tamén se crearán a conserxería-punto de información e unha sala de lactancia. Así mesmo, agrúpanse dous postos da rúa Cervantes para crear unha nova sala de usos múltiples. O soto reformarase para crear catro almacéns con acceso directo ao garaxe. Nesta fase tamén se cambiará todo o pavimento.

Na segunda fase, que non está incluída no contrato actual, instalarase un ascensor panorámico de 12 prazas para facilitar o acceso dende a Praza do Concello e modificarase a escaleira. A partida necesaria, que acada os 101.068,12 euros, será aprobada hoxe no pleno.

24 nov 2020 / 16:07
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.