Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Nova senda na Laracha para unir Lemaio e Cabovilaño

A Laracha. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou a redacción do proxecto de construción dunha nova senda na estrada AC-552, ao paso polo concello da Laracha. Este contrato, adxudicado ao consultor Serye Ingenieros S.L. por máis de 17.000 euros, conta cun prazo de cinco meses para redactar o proxecto.

Trátase dunha senda peonil pola marxe esquerda da estrada AC-552, entre os puntos quilométricos 23+410 a 25+630, atravesando as parroquias de Cabovilaño e Lemaio. Este sendeiro ten como obxectivo completar un itinerario peonil continuo ao longo da estrada comarcal, considerando as beirarrúas nas travesías e as sendas executadas pola Xunta de Galicia nos últimos anos.

Dende o Goberno galego aseguran que seguen a traballar na mellora da accesibilidade e da mobilidade peonil na comarca de Bergantiños. Para isto, a Consellería de Infraestruturas está a piques de rematar a última das actuacións previstas inicialmente no Plan de Sendas de Galicia nesta comarca. Cómpre lembrar que o referido plan de Bergantiños prevé un investimento de 5 millóns de euros para poñer á disposición dos veciños 11 quilómetros de novas sendas. M. Lavandeira

30 ago 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.