Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Novas críticas dos edís díscolos de Ponteceso á xestión de Lois García

Apoian que se pague a proveedores pero din que para tal fin só se destinan 110.000 €

Ponteceso. Os cinco concelleiros díscolos do PSOE de Ponteceso fixeron público un comunicado para “aclarar” o contido da proposta de modificación extraxudicial de crédito que hoxe volverá a debater a Corporación local e que, semanas atrás, fora rexeitada polos referidos edís e os da oposición provocando a ruptura do goberno municipal.

Aseguran que dos 300.000 euros da proposta do alcalde, Lois García, “aproximadamente só 110.000 corresponden a facturas de proveedores locais, e estamos totalmente de acordo no seu pago, xa que o que traballa quere cobrar e máis coas necesidades actuais.”.

Non obstante, engaden, “se aprobamos o extraxudicial, o que non conta o rexedor é que os 190.000 euros restantes son froito da mala xestión”. A este respecto sinalan que os veciños “deben saber que ahí van incluídos 47.000 € das obras do Pinguel e O Cairo que tanto anunciou que se facía cun remanente froito da boa xestión. Onde van os cartos do remanente?”.

Ademais, sinalan que 25.000 € son para a xestión dos residuos urbanos e o Punto Limpo, e pregúntanse por qué non hai unha partida orzamentaria para iso, “que é un gasto regular e básico”; 37.000 € para gastos do servizo de Augas “de 2019 por certo, do cal quere quitar partida para facer fronte as demais facturas; 20.000 € para o pago das luces de Nadal “do ano pasado” e outros 20.000 para “gastos de enerxía e teléfono, que tamén entendemos que son de carácter básico e para os cales é sinxelo facer unha previsión de gasto”.

Os concelleiros discrepantes, que non aclararon cal será o sentido do seu voto, din que debido a esta forma de xestionar “o Concello atópase nunha situación de inestabilidade económica sentenciada polos funcionarios”. M. L.

25 nov 2020 / 18:21
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.