Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Novas propostas a prol da promoción da lingua galega en Carballo

CARBALLO. O traballo do Concello carballés a prol da lingua galega recibiu un importante pulo coa reactivación do Servizo de Normalización Lingüística a raíz da contratación dunha nova técnica. A incorporación de Carme Pereiro permitirá reactivar programas que xa no seu día fixeron de Carballo un referente na promoción do idioma galego pero tamén poñer en marcha novas iniciativas.

A concelleira de Normalización Lingüística, Maruxa Suárez, e a alcaldesa en funcións, Milagros Lantes, xunto con Carme Pereiro, confirmaron a participación en iniciativas colaborativas como Youtubeiras e Enreguéifate, ademais de continuar co proxecto Apego.

O ano que vén volverán a colaborar no curso de verán da UDC Traballando en lingua, e están tramitando a adhesión á Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, creada para promover e dinamizar o uso da lingua galega a través da cooperación institucional. M. L.

07 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.