Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Novo espazo de xogos para escolares do CEIP Joaquín Rodríguez de Buño

Malpica. O alcalde do Concello de Malpica, Eduardo Parga, fixo entrega do novo espazo de xogos infantís do centro CEIP Joaquín Rodríguez Otero, de Buño, ao director do mesmo. No acto, estiveron presentes o concelleiro de Obras, Miguel Fernández e a concelleira de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, Noelia Freijeiro, así como o representante da empresa encargada da execución da obra: Damaso Ferreiro.

O renovado espazo infantil conta cunha zona de céspede natural así como outra de xogos asentados sobre un piso axeitado aos máis pequenos. Os cativos e cativas teñen un novo tobogán, bambán e zona de escada así como outros elementos cos que gozar ao tempo que melloran a súa psicomotricidade.

Pola súa banda, veciños e veciñas de Malpica viaxan este xoves á Santiago para presenciar no Salón Teatro a última produción do Centro Democrático Galego, que leva por título Ás oito da tarde, cando morren as nais. Farano no autobús habilitado con cargo a Programa de Mobilidade do CDG. Os asistentes beneficiaranse ademais dun desconto do 40 % no prezo da entrada. A obra tamén chegará a Cee, Cedeira, Catoira e A A Estrada cando comeze a súa xira por Galicia. M. Lavandeira

21 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.